Encontro virtual Aberto

Construíndo man con man a nova

Ferramenta política

Seguimos a sumar forzas, e cada vez máis persoas amosan interese en participar deste proceso que puxemos en marcha hai algo menos dun mes. Os encontros están a ser moi productivos, con interesantes debates e achegas.

Mais a evolución da pandemia e as restricións aprobadas obrígannos a adaptarnos a unha situación que dificulta a actividade e a participación política, precisamente nun momento en que unha resposta organizada é mais necesaria que nunca. 

En función das circunstancias, habilitamos novas fórmulas de participación para que ninguén con vontade de facelo quede sen facer parte deste proxecto. 

Por esta razón organizamos un encontro aberto virtual, que terá lugar o vindeiro venres 13 de novembro a partir das 19h30.

Podes participar aportando a túa opinión e ideas directamente vía Zoom ou seguilo en directo en Youtube. Nos próximos días colgaremos as ligazóns correspondentes.

Déixanos o teu contacto!