Queres recibir máis información? Déixanos o teu contacto!

Desde a base, construindo

Poder popular

Chamamos a afortalar un espazo político desacomplexadamente independentista, que aposte nidiamente polo socialismo e que sexa consecuentemente feminista, apostando na suma de forzas na esquerda soberanista para avanzar no camiño da ruptura democrática co réxime español.

Unha organización estratéxica centrada na construción de poder popular, a activación social e o traballo de base como alicerces sobre os que articular un proxecto revolucionario.

Desde una firme aposta na unidade de acción en base a obxectivos comúns, queremos intervir e contribuir desde posicións de clase no reforzo das organizacións frentistas e de masas: o BNG, a CIG e todos os movementos sociais transformadores.

Unha organización flexíbel, coherente e fundamentada no traballo militante, mais adaptada aos diferentes niveis de disponibilidade das persoas que se impliquen na súa construción.

Un proxecto radicalmente democrático e asemblear, baseado no colectivo e nos valores do compromiso e a solidariedade.

Os porqués

Deste proceso

Cómpre criar ferramentas de intervención adaptadas á nova fase política, que teñan en conta as mudanzas dos últimos anos e permitan que o avance e a relexitimación do soberanismo vaian alén do eleitoral, permitíndonos sumar máis forzas coas que confrontar o réxime español.

A dialéctica reforma vs ruptura está mais vixente que nunca e é necesario situarnos coherentemente ante ela.

Para iso, urxe reactivar e dinamizar o debate político e a formación no seo do movemento soberanista. Colectivamente, é preciso pór en común análises e diagnósticos que trascendan o inmediato e teñan vocación estratéxica.

Nun momento de crise e cuestionamento dos valores da militancia e do compromiso, é imprescindíbel, motivar, tensionar e mobilizar forzas e vontades.

Queremos facelo impulsando novos modelos organizativos que teñan en conta a realidade social e a crecente precariedade das nosas vidas. Desde novas formas de intervención social, que contribúan á autoorganización do noso pobo e á construción de alternativas en todos os ámbitos.

Encontros abertos

Queremos que este proceso sexa o máis participativo posíbel e que toda a xente que comparta os nosos valores e obxectivos fundamentais se involucre nel en pé de igualdade desde o primeiro momento.

Se na túa localidade ainda non hai un encontro previsto e queres organizar un, só tes que porte en contacto connosco.

Na Coruña

Día: sábado 17 de outubro.
Hora: 19h30.
Lugar: C.S. Gomes Gaioso.
Ver cartaz

En Ferrol

Día: venres 23 de outubro.
Hora: 20h.
Lugar: Fundaçom Artábria.
Ver cartaz

En Lugo

Día: venres 23 de outubro.
Hora: 20h.
Lugar: Salón de actos do edificio sindical.
Ver cartaz

En Corcubión

Día: sábado 24 de outubro.
Hora: 18h.
Lugar: Local do BNG de Corcubión.
Ver cartaz

Na Estrada

Día: mércores 28 de outubro.
Hora: 20h.
Lugar: Local do BNG da Estrada.
Ver cartaz

En Vigo

NOTA: acto adiado por mor das restricións sanitarias. Anunciaremos unha nova data o antes posíbel.

En Noia

Día: venres 6 de novembro.
Hora: 20h.
Lugar: Local do BNG de Noia (por motivos de aforo é preciso confirmar asistencia en info@ruptura.gal).
Ver cartaz

En Mazaricos

NOTA: acto adiado por mor das restricións sanitarias. Anunciaremos unha nova data o antes posíbel.

En Guitiriz

Día: sábado 7 de novembro.
Hora: 19h.
Lugar: Asociación Cultural Xermolos.
Ver cartaz

En Bueu

NOTA: acto adiado por mor das restricións sanitarias. Anunciaremos unha nova data o antes posíbel.

En Pontevedra

NOTA: acto adiado por mor das restricións sanitarias. Anunciaremos unha nova data o antes posíbel.

virtual

Día: venres 13 de novembro.
Hora: 19h30.
Lugar: vía Zoom e Youtube.
Ver o vídeo

Aviso: en cumprimento das medidas sanitarias é obrigatorio levar máscara, gardar a distancia en todo momento e respectar o aforo máximo dos locais.

O proceso

Nos medios

“O regime do 78 é irreformável, a alternativa é a República Galega”

Galiza Livre: Entrevistamos a Ximena González do Movimento Galego ao Socialismo. Esta força independentista integrada no BNG acaba de realizar a sua Assembleia Nacional coa intençom de constituir umha nova organizaçom.
Ver a entrevista

"Queremos potenciar o debate sobre a folla de ruta do soberanismo galego no seu conxunto"

Adiante: Hai hoxe un mes, o Movemento Galego ao Socialismo acordaba na súa terceira asemblea nacional “marcar un punto de inflexión” e “impulsar un proceso constituínte, unha nova ferramenta política, que defina novas prioridades, campos de traballo e formas de intervención”
Ver a entrevista

"A crise certifica a vixencia das teses soberanistas e anticapitalistas"

Nos Diario: Noa Presas, un dos rostros máis coñecidos do Movemento Galego ao Socialismo (MGS), detalla os vieiros que veñen por diante logo de en setembro acordarse por unanimidade no MGS fechar o ciclo deste partido comunista integrado no BNG e impulsar o proceso constituínte dunha nova organización.
Ver a entrevista

"Queremos seguir impulsando o BNG cara a posicións máis soberanistas e de ruptura"

Praza Pública: "Sumarmos forzas pola ruptura". Con este lema, o Movemento Galego ao Socialismo (MGS) lanzou hai xa meses o proceso constituínte que pecha o ciclo deste partido integrado no BNG e abre o camiño a outro espazo político "máis amplo" e "desacomplexadamente independentista" que aposte por "sumar forzas na esquerda soberanista para avanzar no camiño da ruptura democrática co réxime español".
Ver a entrevista

Déixanos o teu contacto!